Centros residenciais para persoas maiores:
http://www.seg-social.es/imserso/centros/grpmgal.pdf
domingo, 8 de noviembre de 2009
viernes, 6 de noviembre de 2009
Formación e orientación laboral

O TASS deberá detectar as situacións de risco máis habituais no seu ámbito laboral que poidan afectar á súa saúde e aplicar medidas de protección e prevención correspondentes.
Diferenciará as formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador
por conta allea ou por conta propia, orientándose no mercado de traballo e identificando as súas propias capacidades e intereses e o itinerario profesional máis idóneo.
Interpretará o marco legal e distinguir os dereitos e obrigacións que se derivan das relacións laborais.
Comunicación alternativa.

O TASS dearrollará diferentes estratexias comunicativas para favorecer o desenvolvimiento da vida diaria e a relación social dos usuarios con dificultades de comunicación, analizando a importancia da comunicación dentro do desenvolvemento psicosocial da persoa, utilizando os recursos dispoñibles.
Deberá aprender a utilizar os sistemas alternativos de comunicación (SAC), máis usuais para a resolución das situacións cotiás de atención e a mellora da relación social das persoas con dificultades específicas.
Administración, xestión e comercialización dunha pequena empresa

O TASS analizará os documentos necesarios para o desenvolvemento dunha pequena empresa, a súa organización, a súa tramitación e a súa constitución, descubrindo as diferentes formas xurídicas existentes na empresa e as características dos diferentes contratos laborais vixentes.
Definirá as obrigacións mercantís, fiscais e laborais que unha empresa ten para desenvolver a súa actividade económica legalmente, aplicando as técnicas de relación cos clientes e provedores e analizando as formas máis usuais no sector de promoción de vendas de produtos ou servizos.
Por último, deberá elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa ou taller, analizando a súa viabilidade e explicando os pasos necesarios
Ocio e tempo de lecer en colectivos específicos.

O TASS deberá utilizar diferentes técnicas de comunicación grupal cos colectivos de intervención analizando a dinámica interna dos grupos, describindo os seus roles, relacións e problemas característicos.
Para iso deberá adaptar xogos e actividades grupales en función dos intereses e posibilidades de persoas con necesidades especiais, utilizando os diferentes recursos e servizos de lecer e tempo libre.
Hixiene

O TASS debe adaptar e aplicar as técnicas de hixiene persoal e os procedementos de limpeza, desinfección e esterilización a materiais e instrumentos de uso común na atención sanitaria, así como a preparación e apertura da cama, para manter as condicións hixiénico-sanitarias adecuadas ás persoas dependentes.
Planificación e control das intervencións

O TASS coñecerá os diferentes modelos organizativos e de funcionamento das Institucións residenciais, seleccionando a información necesaria para a valoración funcional dun usuario tipo e a elaboración do plan de coidados individualizado.
Entre as súas funcións, podemos destacar:
-A organización dos espazos de intervención, as axudas técnicas e os instrumentos de traballo para atender as necesidades dos usuarios.
-O analisis da documentación básica necesaria para o seguimento do usuario, o control do traballo e a coordinación co equipo interdisciplinar.
Atención e apoyo psicosocial

O TASS deberá aplicar e desenvolver estratexias de apoio psicosocial e de habilidades de relación social adaptadas individualmente aos diferentes colectivos de intervención.
Elaborará e aplicará recursos espaciais e materiais, recursos de apoio social e ocupacional para apoiar e favorecer a comunicación, a convivencia e a relación social.
Acompañará e apoiará para a resolución de xestións das persoas dependentes e da súa contorna familiar.
Atención sanitaria

Efectuará as técnicas de traslado, mobilización e deambulación dun usuario, seleccionando e preparando os materiais e instrumentos necesarios para facilitar a observación e/ou exploración dos usuarios.
Seguirá as indicacións de administración prescritas de medicación por vía oral, tópica e rectal, aplicar a técnica de apoio á inxestión máis adecuada. Realizará técnicas de asistencia sanitaria de urxencia.
Para a realización deste módulo necesitarase estar en boas condicións físicas, pois o traslado e a mobilización da persoa dependente é unha tarefa principal no noso labor profesional.
Apoio domiciliario

Elaborará o plan de traballo no domicilio adaptándose ás necesidades da unidade convivencial, administrando e controlando os gastos do domicilio en función dos ingresos,analizando os procedementos de compra e colocación de alimentos e outros produtos básicos.
Realizará técnicas de limpeza e orde e pequenas reparacións no fogar, utilizando o enxoval e pequenos electrodomésticos con destreza, e elaborando menús adecuados.
Alimentación e nutrición familiar
Necesidades físicas e psicosociais dos colectivos específicos

O TASS analizará os cambios sufridos polas persoas en función da idade, a discapacidade e/ou a enfermidade, describindo as súas características e necesidades, manifestando unhas actitudes e valores adecuadas e respectuosas en relación ás persoas dependentes.
Será capaz de identificar as axudas técnicas existentes no mercado e aplicará técnicas e procedementos de observación para a detección das necesidades especiais.
Relación no equipo de traballo
Información sobre o ciclo
Competencia Xeral
Atender e coidar na súa vida diaria persoas e colectivos con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social (anciáns, discapacitados, doentes crónicos e convalecentes) aplicando as estratexias e os procedementos máis axeitados para manter e mellorar a súa autonomía persoal, as súas relacións co entorno e a súa inserción ocupacional.
Entorno Profesional
Gobernante/a, supervisor, responsable de planta, dentro dunha institución residencial destinada ao coidado de personas con necesidades específicas: maiores, discapacitados, convalecentes e crónicos de larga duración.Coidador/ora de personas maiores, discapacitadas físicas, psíquicas ou sensoriais, nas diferentes institucións existentes.
Modulos a cursar:
Atención sanitaria
Atención e apoio psicosocial
Apoio domiciliario
Alimentación e nutrición familiar
Necesidades físicas e psicosociais dos colectivos específicos
Relacións no equipo de traballo
Planificación e control das intervencións
Hixiene
Ocio e tempo de lecer en colectivos específicos.
Administración, xestión e comercialización dunha pequena empresa
Comunicación alternativa
Formación e orientación laboral
Formación en centros de traballo
Atender e coidar na súa vida diaria persoas e colectivos con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social (anciáns, discapacitados, doentes crónicos e convalecentes) aplicando as estratexias e os procedementos máis axeitados para manter e mellorar a súa autonomía persoal, as súas relacións co entorno e a súa inserción ocupacional.
Entorno Profesional
Gobernante/a, supervisor, responsable de planta, dentro dunha institución residencial destinada ao coidado de personas con necesidades específicas: maiores, discapacitados, convalecentes e crónicos de larga duración.Coidador/ora de personas maiores, discapacitadas físicas, psíquicas ou sensoriais, nas diferentes institucións existentes.
Modulos a cursar:
Atención sanitaria
Atención e apoio psicosocial
Apoio domiciliario
Alimentación e nutrición familiar
Necesidades físicas e psicosociais dos colectivos específicos
Relacións no equipo de traballo
Planificación e control das intervencións
Hixiene
Ocio e tempo de lecer en colectivos específicos.
Administración, xestión e comercialización dunha pequena empresa
Comunicación alternativa
Formación e orientación laboral
Formación en centros de traballo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)